jueves, 1 de diciembre de 2016

Apunten, disparen, foto! Aprendendo linguaxe visual.

Hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre análise visual. Un punto moi importante para facer as nosas lecturas das fotografías doutros fotógrafos e das nosas propias fotografías.

Neste caso tratamos unha análise enfocada a ler e crear imaxes de espazos baleiros.

Temos en conta aspectos como o encadre, a luz e a cor, os elementos e a súa distribución, e por suposto as liñas e formas. Características que transmiten diferentes sensacións nas fotos.

Agora sabemos que o espazo no primeiro termo da foto é importante, que debemos buscar encadres amplos, e que o equilibrio, a simetría, e as cores, son aspectos que debemos ter en conta cando facemos fotos.

Aquí deixamos unha presentación que resume estas ideas:


CLICK AQUÍ para ver a fotoproposta de Jordi Bernadó "Fortuna" que temos para traballar na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario