O pasado mércores 14 de decembro, os alumn@s de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria tras un grande esforzo de concentración (non se podía nin respiar ), cariño e traballo en equipo, grabamos unha moi especial felicitación de Nadal para todos. A estes "maniquís" xa os podedes ver na nosa páxina web . Esperamos que vos guste..... e Felices Festas!!!!!
IMOS LOGO
viernes, 16 de diciembre de 2016
jueves, 15 de diciembre de 2016
Práctica "Poéticas: metereoloxías e horas do día" e fotoproposta "Compostela" de Vari Caramés
Aquí tede o ppt que vimos na clase sobre a nova práctica fotográfica e sobre Vari Caramés.
Non tedes máis que premer nela para lembrarvos de todo o aprendido na clase.
Xa sodes uns expertos en Caramés e o seu estilo, así que xa podedes levar á práctica o aprendido e apuntar e disparar fotos sen parar ao estilo Caramés.
Lembrade configurar a cámara para disparar en branco e negro!
Un saúdo fotográfico e deicalogo ;)

jueves, 1 de diciembre de 2016
Apunten, disparen, foto! Aprendendo linguaxe visual.
Hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre análise visual. Un punto moi importante para facer as nosas lecturas das fotografías doutros fotógrafos e das nosas propias fotografías.
Neste caso tratamos unha análise enfocada a ler e crear imaxes de espazos baleiros.
Temos en conta aspectos como o encadre, a luz e a cor, os elementos e a súa distribución, e por suposto as liñas e formas. Características que transmiten diferentes sensacións nas fotos.
Agora sabemos que o espazo no primeiro termo da foto é importante, que debemos buscar encadres amplos, e que o equilibrio, a simetría, e as cores, son aspectos que debemos ter en conta cando facemos fotos.
Aquí deixamos unha presentación que resume estas ideas:
CLICK AQUÍ para ver a fotoproposta de Jordi Bernadó "Fortuna" que temos para traballar na casa.
miércoles, 30 de noviembre de 2016
Benquerido Leonard
Ola a tod@s:
O pasado 7 de novembro deixou de estar connosco unha grande figura da música: Leonard Cohen. Para recordalo e levalo sempre no noso corazón. Carla, Carmen e Paula fixéronlle unha pequena homenaxe. Esperamos que vos guste. Ata sempre, Leonard!

lunes, 21 de noviembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)